Os recheos proxectados na Ría de Vigo poderían provocar un dano ambiental “irreversible”

É a denuncia da plataforma Ecoloxistas en Acción no seu informe sobre os casos de dano ambiental no litoral galego.

O Porto de Vigo / Autoridade Portuaria.

A plataforma Ecoloxistas en Acción vén de lanzar as conclusións do seu estudo sobre a contaminación en areais galegos. En total, a asociación ecoloxista identificou seis praias galardoadas coa retranqueira medalla das “bandeiras negras”, dignas daqueles espazos que, por distintas circunstancias, presentan un estado ambiental negativo a ollos da plataforma.

O reparto das praias ou espazos en mala situación é equitativo entre as tres provincias galegas que contan con saída ao mar. A Coruña, Lugo e Pontevedra contan, respectivamente, con dous espazos catalogados baixo a bandeira negra.

O informe da plataforma ecoloxista inclúe un caso relativo á zona olívica. E é que, á parte do impacto da factoría de Ence en Lourizán, a provincia de Pontevedra vese sinalada pola plataforma ecoloxista a raíz dos recheos desenvoltos na ría olívica.

CONTAMINACIÓN “POR TERRAS”

De aí que Ecoloxistas en Acción acusa ao Porto de Vigo de “mala xestión”, tanto no tocante aos recheos efectuados como aos previstos para o futuro. E é que, segundo apuntan, a autoridade portuaria pretendería ampliar a superficie dos peiraos en máis de 200.000m2, unhas obras que carrexarían “alto risco de contaminación por terras”, así como unha modificación da hidrodinámica da ría que podería afectar á biodiversidade da zona, “causando un dano irreversible á natureza”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here