InicioVigo e contornaVigoArrincan os traballos de demolición no polémico aparcadoiro de Porta do Sol...

Arrincan os traballos de demolición no polémico aparcadoiro de Porta do Sol en Vigo para executar o túnel

Xa hai un guindastre de 220 toneladas na contorna da estatua do 'Sireno'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou o arranque dos traballos de demolición e a retirada de laxas e forxados no antigo aparcadoiro de Porta do Sol no marco de execución do túnel previsto na zona.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes na urbe olívica, o rexedor explicou que se puxo en marcha unha nova fase do proxecto que consistirá no desmonte e a montaxe da estrutura necesaria para a execución do túnel que conectará a rúa Policarpo Sanz coa contorna de Elduayen.

En concreto, detallou que se procederá á retirada da laxa de formigón e de forxados e ao levantamento de pesos de ata 10 toneladas. Deste xeito, afirmou que se poderá “asistir a unha visualización intensa” da obra, tras o que darán comezo os traballos de micropilotaxe na zona de Elduayen.

Para iso, o alcalde indicou que se comezou a instalación dun guindastre de 220 toneladas na contorna da estatua do ‘Sireno‘, á que se engadirá unha segunda de 180 toneladas na praza da Princesa dentro dun mes.

Así mesmo, lembrou que o proxecto para a construción dun túnel en Porta do Sol conta cun orzamento de 17 millóns de euros financiados con fondos europeos e enmárcase na estratexia de desenvolvemento urbano ‘Vigo Vertical’. A actuación, que permitirá crear unha superficie para uso peonil de 8.000 metros cadrados, deu comezo a principios de 2020 e desenvolverase ata o próximo ano.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...