InicioEconomíaPorto de Vigo formaliza a extinción da concesión de Vulcano

Porto de Vigo formaliza a extinción da concesión de Vulcano

Prevé que a nova empresa adxudicataria poida operar na zona en "seis ou oito meses".

PUBLICADO O

O consello de administración do Porto de Vigo aprobou de modo definitivo a extinción da concesión administrativa das antiga Factorías Vulcano (agora Estaleiros San Enrique), co único voto en contra da CIG, e o presidente da institución, Jesús Vázquez Almuiña, previu que tras sacala a concurso a empresa adxudicataria poida operar na zona en “seis ou oito meses”.

Na rolda de prensa posterior á reunión mensual do consello de administración do Porto, Vázquez Almuiña indicou que se procedeu a formalizar a extinción da concesión. Precisamente, o pasado mes de abril aprobouse a incoación do expediente co voto en contra de CIG e a abstención da alcaldesa de Redondela nunha sesión á que non asistiu o rexedor vigués, Abel Caballero.

A este respecto, o presidente da institución lembrou que esta situación se produciu despois de que o Tribunal de Conflitos de Xurisdición declarase que correspondía ao Porto de Vigo tramitar e resolver o expediente de extinción da concesión do antigo estaleiro.

Así as cousas, apostou por que un “un proxecto sólido” vinculado ao sector naval poida asentarse nos antigos terreos das antigas Factorías Vulcano, onde augurou que poderá operar unha empresa nun prazo de “seis ou oito meses” tras extinguirse a concesión administrativa e convocarse un novo concurso para a súa adxudicación.

Deste xeito, avanzou que a próxima semana se comunicará a extinción ao estaleiro en mans do que se atopa a concepción e que disporá dun prazo dun mes para abandonar o lugar, aínda que poderá solicitar unha autorización para “realizar actividade naval” durante os meses previos á finalización do concurso para a nova adxudicación. Tamén avanzou que “nos próximos días” manterase un encontro con esta empresa, Marina Meridional.

Neste momento, sinalou que o Porto traballa na tramitación dos pregos de condicións dunha nova concesión que se sacará a concurso nun prazo aproximado de dous meses e confiou en que a empresa adxudicataria poida operar na zona en “seis ou oito meses”.

PROXECTO “SÓLIDO”

En todo caso, Vázquez Almuiña recalcou que “se vai dar a opción de que un proxecto naval poida asentarse” nestes terreos, aínda que se requirirá que sexa “sólido” e “estable”, así como que “teña compromiso de contratación, de investimento e de actividade portuaria”. “Imos dar a opción de que un proxecto naval poida desenvolverse nesa concesión”, afirmou o presidente, que avanzou que as condicións se analizarán nos próximos meses e o prego someterase á aprobación do consello de administración.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...