InicioSucesosDous accidentes rexistrados en Mos e Cangas deixan feridas a dúas persoa

Dous accidentes rexistrados en Mos e Cangas deixan feridas a dúas persoa

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o primeiro dos sinistros produciuse ás 14,30 horas a estrada que une San Cosme e O Porriño á altura de Mos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas noutros dous accidentes de circulación rexistrados na tarde deste xoves nos municipios pontevedreses de Mos e Cangas.

Segundo informa o CIAE 112 Galicia, o primeiro dos sinistros produciuse ás 14,30 horas a estrada que une San Cosme e O Porriño á altura de Mos.

Alí, o impacto de dous coches saldouse cun ferido, que foi evacuado polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Dúas horas despois, un turismo e unha moto protagonizaron outro accidente de circulación. Sucedeu na avenida de Ourense de Cangas, onde acudiron os efectivos de emerxencia.

A consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada ao centro de saúde da localidade.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...