InicioPolíticaCaballero acusa á Xunta de non dar "nin un céntimo" aos concellos...

Caballero acusa á Xunta de non dar “nin un céntimo” aos concellos durante a pandemia

Segundo asegurou Abel Caballero, a Xunta recibiu máis de 1.400 millóns de euros do Goberno central e da UE, dos que Vigo (e o resto de concellos) recibiron "cero euros", porque a administración autonómica non os repartiu entre as entidades locais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este xoves a Feijóo de “mentir” sobre os fondos que a Xunta destina aos concellos e retouno a debater sobre as transferencias para paliar os efectos da pandemia, á vez que incidiu en que non pagou “nin un céntimo” a ningún dos 313 municipios da comunidade.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico referiuse a a interpelación que Gonzalo Caballero realizou nas últimas horas ao presidente galego durante a sesión de control no Parlamento, na que o líder dos socialistas acusou a Feijóo de “asfixiar” aos municipios. O presidente, pola súa banda, replicou denunciando que é o Goberno central o que “ningunea” aos concellos.

Abel Caballero denunciou que as palabras de Feijóo foron “unha nova mentira clamorosa” e criticou o sistema de financiamento da Xunta aos concellos. No caso de Vigo, explicou, o goberno galego “enviou do fondo de participación autonómica 6,2 millóns de euros”, mentres que o Concello olívico paga á Xunta en diversos conceptos (canon por saneamento e abastecemento, centros de días e escolas infantís, canon polo encoro de Eiras…) 6,6 millóns de euros.

A eses conceptos, engadiu o alcalde, hai que sumar o custo do centro CEDRO, que atende a persoas drogodependentes nun labor que “é competencia da Xunta”. Tendo iso en conta, o saldo “negativo” para o Concello de Vigo é de máis dun millón de euros.

Fronte a estas cifras, Abel Caballero recalcou que o Goberno de España transfire a Vigo, pola xestión de tributos, o fondo complementario e axudas de transporte, entre outras cousas, case 94 millóns de euros. “Os datos son irrebatibles. Falar é fácil, señor Feijóo, e vostede mente tanto”, proclamou o alcalde da cidade olívica.

Con respecto ás axudas para paliar os efectos da crise sanitaria, o rexedor socialista retou ao presidente da Xunta a “debater” sobre a súa repartición. Segundo asegurou, a Xunta recibiu máis de 1.400 millóns de euros do Goberno central e da UE, dos que Vigo (e o resto de concellos) recibiron “cero euros“, porque a administración autonómica non os repartiu entre as entidades locais.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...