InicioVigo e contornaUGT presenta un plan alternativo para conectar Vigo e O Porto en...

UGT presenta un plan alternativo para conectar Vigo e O Porto en AVE

Suxiren desbotar o trazado de Cerdedo, catalogándoo de "inviable".

PUBLICADO O

O sindicato UGT expuxo unha alternativa para o tren de alta velocidade polo sur da provincia de Pontevedra para a comunicación desta parte da comunidade e o norte de Portugal con Ourense.

Ante os condicionantes actuais que, segundo advirte, “encamiñan a Cerdedo cara á súa inviabilidade” e que, ao mesmo tempo, o novo material ferroviario de alta velocidade permite outras alternativas “realizables”, propón que en lugar desta localidade “se estude e considere o deseño da infraestrutura en alta velocidade polo sur da provincia de Pontevedra a 320 quilómetros por hora, en modalidade mixta e ancho ibérico, para prestar servizo ao norte de Portugal e a provincia de Pontevedra”.

Esta alternativa baséase en “combinar o deseño da nova infraestrutura coa utilización de trens AVE adaptados ás características propias do territorio”, o cal UGT entende que ofrece “un resultado moi positivo para todas as partes”.

“Fai case vinte anos que se presentou o eixo de Cerdedo para comunicar o sur de Galicia e o norte de Portugal coa Península Ibérica e Europa por medio dun só tren compartido, cunhas prestacións determinadas para que fose viable”, lembra.

E avisa de que “o caso é que pasado o tempo esta infraestrutura non se construíu e á súa vez os condicionantes que se están propondo actualmente para levala a cabo –principalmente proxectar un tempo de viaxe de 1 hora O Porto/Vigo– farían que non fose competitiva”.

Esta situación é a que fixo que UgT trate de buscar “outra solución que solucione as necesidades de mobilidade desta zona xeográfica”.

ÚLTIMAS

Por que foi anulado o plan de urbanización do Barrio do Cura?

O xulgado do contencioso administrativo 1 de Vigo ditou sentenza pola que declara nulo...

O bus urbano alcanzan unha operatividade do 98 % en días laborables tras o fin da folga, segundo Vitrasa

O servizo de bus urbano de Vigo recupera a normalidade tras máis de 3 meses...

Retencións de varios quilómetros na AP-9 ao seu paso por Vigo tras producirse un accidente e unha picada de roda

Un accidente entre un camión e un coche e unha picada de roda doutro...

A Policía Nacional alerta de posibles estafas ao contratar un servizo de desinfección do fogar con ozono

A Policía Nacional informou este martes de medidas preventivas para evitar posibles estafas consistentes...