InicioVigo e contornaVigo mantén posicións ante a covid en plena repunta a nivel galego

Vigo mantén posicións ante a covid en plena repunta a nivel galego

A área olívica descende levemente en casos activos e hospitalizados.

PUBLICADO O

Os novos contaxios de Covid-19 veñen de repuntar a 120 en Galicia, tras manterse por baixo do centenar desde hai días; os casos activos subiron a 1.305 e a taxa de positividade incrementouse ata o 2,79%. Por contra, a presión hospitalaria alíviase ao descender a 45 os pacientes hospitalizados por este coronavirus, que supoñen catro menos.

Segundo os datos publicados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 12 as persoas ingresadas pola Covid en UCI no conxunto Galicia –unha menos– e baixan a 33 as que permanecen noutras unidades de hospitalización –tres menos–. Polo seu lado, hai 1.260 pacientes en seguimento nos seus domicilios.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas da Coruña e Cee e Ourense; mantense sen cambios na de Santiago e Barbanza; e alíviase nas de Vigo, Lugo, Ferrol e Pontevedra e O Salnés. En concreto, na de Vigo continúa un en críticos e descenden a seis os doutras unidades-un menos– logo dunha xornada en que as cifras globais se mantiveron estables.

CASOS ACTIVOS EN AUMENTO

En canto aos casos activos de Covid ascenderon a 1.305, que supoñen 36 máis, tras o lixeiro descenso da xornada anterior, ao haber máis contaxios (120) que altas (84). Por tanto, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado. Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden nas da Coruña e Cee (+14), Pontevedra e O Salnés (+12), Lugo (+9), Santiago e Barbanza (+7) e Ourense (+7). Por contra, descenden nas de Vigo (-2) e Ferrol (-11). A área olívica sitúase así con 189 positivos rexistrados, xa moi por detrás dos 478 da Coruña.

Pola súa banda, a taxa de positividade a nivel galego repuntou por enriba do dous por cento ata o 2’79%, tras situarse nun 1,6% o día pasado, tras situarse nun 1,76% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. No entanto, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...