InicioEconomíaStellantis Vigo prevé novas paradas da actividade por falta de subministración

Stellantis Vigo prevé novas paradas da actividade por falta de subministración

A chamada 'crise dos microchips' segue causando paradas na produción.

PUBLICADO O

A planta do grupo Stellantis (antes Grupo PSA) en Vigo confirmou este mércores que volverá suspender a súa produción algúns días e a modificar quendas debido a problemas de subministración que teñen a súa orixe na chamada ‘crise dos microchips’.

Deste xeito, a dirección da factoría informou ao persoal de que, no sistema 1 (que monta o Peugeot 301, o Peugeot 2008 e o C-Elysée), as quendas A e B e a quenda de noite incorpóranse o luns, día 28 de xuño, semana na que se prevé pouca actividade. Ademais, o equipo de fin de semana traballa o sábado 26 con horario de 10 horas e o domingo 27 con horario de 13 horas.

O sistema 2 (que monta as furgonetas) non terá actividade o xoves 24 en ningunha das quendas. Ademais, o día 25 mantéñense sen actividade os A e B, e incorpórase a quenda de noite, ás 22 horas, con horario de 7 horas. Pola súa banda, o equipo de fin de semana traballa o sábado 26 e o domingo 27, con horario de 10 horas.

Ademais, agás a quenda B, que traballará o luns 28, os equipos de mañá, tarde e noite do Sistema 2 permanecerán sen actividade polo menos ata o xoves 1 de xullo, incluído.

Estas paradas, súmanse ás outras moitas que a fábrica sufriu desde principios de ano por falta de compoñentes que serven provedores afectados pola ‘crise dos microchips’.

Para afrontar este escenario, Stellantis Vigo ten en marcha un ERTE pactado coa maioría do comité de empresa (salvo os sindicatos CIG e CUT), que contempla a regulación dos traballadores fixos a tempo completo durante un máximo de 60 días, e que está en vigor ata final de ano.

ÚLTIMAS

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

A oposición viguesa denuncia que Caballero veta o pronunciamento da Corporación sobre a saída sur e o AVE a Porto

Os grupos da oposición no Concello de Vigo denunciaron este mércores que o goberno...

Saen de prisión os tripulantes do MV Karar coa obrigación de comparecer quincenalmente

Os 14 tripulantes do MV Karar, interceptado en abril de 2020 cando navegaba cara...