O centro comercial Vialia Estación de Vigo contará con The Phone House, Miniso, Oro Vivo e Natas D’Ouro

Vialia, Estación de Vigo. CEETRUS - Arquivo

The Phone House, Miniso, Oro Vivo e Natas D’Ouro súmanse á oferta comercial e gastronómica do centro comercial Vialia Estación de Vigo, que abrirá as súas portas en setembro de 2021.

A tenda de telefonía móbil e accesorios tecnolóxicos The Phone House estará situada na planta alta do centro comercial e contará con 47 metros cadrados. A cadea de produtos lifestyle de inspiración xaponesa Miniso abre as súas portas na planta alta do centro comercial.

Pola súa banda, a xoiaría Oro Vivo, especialistas no sector de xoiaría e reloxaría desde 1989, abre o seu primeiro establecemento na cidade galega. O local que conta con 50 metros cadrados estará situado na planta alta do centro comercial.

En canto á oferta gastronómica, Natas D’Ouro achegará os tradicionais pasteis de nata de Lisboa a Vigo. Así mesmo, os clientes poderán degustar estas delicias portuguesas nas súas diferentes variantes, como a clásica nata de crema, as natas de chocolate, laranxa ou limón e as natas especiais elaboradas con viño do Porto. A franquía portuguesa estará situada na planta baixa do centro comercial e contará con 127 metros cadrados de superficie.

90% DA SUPERFICIE COMERCIALIZADA

O centro comercial, xestionado por Nhood, conta xa co 90% da superficie comercializada, albergando un amplo abanico de establecementos como Alcampo, Primark, H&M, C&A, FNAC, un club deportivo MeUFIT by Mais Que Auga, Cinemas Yelmo, Hunkermoller, ou a primeira tenda Verdecora en Galicia.

Os clientes tamén poderán degustar diferentes tipos de comida grazas a restaurantes como A Pebida, un novo concepto vexetariano Centeo by Rafa Centeo, Koa Poke, Morde a Pasta, KFC, PadThaiWok, entre outros.