InicioSociedadePiden 8 anos de cárcere para o administrador dun colexio de Vigo...

Piden 8 anos de cárcere para o administrador dun colexio de Vigo por tocamentos a dúas irmás menores

A acusación sinala que lles tocaba o traseiro e os peitos mentres lles dicía que eran as súas "favoritas".

PUBLICADO O

A Fiscalía solicita penas que suman 8 anos de prisión para o administrador dun colexio de Vigo como presunto autor de dous delitos de abusos sexuais, por realizar tocamentos a dúas irmás, alumnas do centro educativo, e que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, as irmás acudían á Aula Matinal do colexio no curso 2018-19, antes do inicio do horario lectivo e, con frecuencia, cando chegaban ao colexio aínda non estaba a profesora encargada, polo que o acusado, administrador do centro, quedaba con elas.

Neses momentos aproveitaba para darlles losqueadas e tocarlles o traseiro, e para realizarlles tocamentos no peito por enriba da roupa, mentres lles dicía que eran as súas “favoritas”.

Ao curso seguinte, unha das irmás xa non estaba no centro, pero o acusado mantivo a súa actitude coa outra nena, á que mesmo chegou a meter a man por dentro da roupa, polo escote. Os feitos foron denunciados ante o colexio, en febreiro de 2020, e o home foi despedido.

DELITO E PENAS

A Fiscalía considérao autor de dous delitos continuados de abusos sexuais sobre menores de 16 anos, e pide que sexa condenado a catro anos de cárcere por cada un deles.

Así mesmo, reclama que se lle inhabilite para traballar ou desempeñar tarefas que leven relación con menores por un tempo superior en 5 anos á pena de cárcere que se lle impoña, e que se lle aplique a medida de liberdade vixiada por dous anos.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...