InicioVigo e contornaVigoMobilización no porto de Vigo contra o regreso dos "macrocruceiros"

Mobilización no porto de Vigo contra o regreso dos “macrocruceiros”

Ecoloxistas en Acción denuncia que se trata dun turismo "contaminante" e que "pon en risco" a vida dos veciños.

PUBLICADO O

A chegada do verán e a progresiva desescalada das restricións de covid-19 veñen de abrir as portas das costas galegas aos xigantes da navegación como lecer: os cruceiros. O Goberno central vén de levantar o veto ata hai pouco imperante a estes buques, que a partir do vindeiro 7 de xullo poderán volver atracar nos peiraos galegos e, en particular, nos de Vigo e A Coruña, máis concorridos por este tipo de turismo a bordo.

A decisión do Goberno central vén de ser contestada por unha serie de asociacións que xa anunciaron a convocatoria de mobilizacións ao longo de todo o Estado para demandar da administración central que dea marcha atrás. As concentracións –previstas para os peiraos que en poucas semanas poderían estar ateigados de turistas– celebraranse en Barcelona, Palma, Valencia e, en Galicia, Vigo e A Coruña.

Ecoloxistas en Acción, que se atopa entre as asociacións convocantes, pide ao Goberno central que restitúa a prohibición á circulación destes xigantes do mar atendendo aos efectos que, segundo apuntan, carrexa a súa presenza para a saúde dos veciños das cidades afectadas.

CONTAMINACIÓN

E non só refiren na dimensión sanitaria da covid, senón tamén no tocante á contaminación. Segundo apuntan as mesmas fontes, España é, neste momento, o segundo país europeo con máis emisións de efecto invernadoiro procedente dos barcos, e tamén era o máis contaminado por cruceiros até que o sector cesou a súa actividade en marzo de 2020.

E é que, en 2019, 11 millóns de pasaxeiros chegaron a bordo de máis de cruceiros a España. “En Galicia concentráronse nas cidades de A Coruña e Vigo”, destacan dende a plataforma, que afea as intencións da cidade herculina de ampliar as atracadas de cruceiros coa desafectación dos terreos portuarios situados no centro da cidade. O mesmo rexeitamento dirixen aos plans de ampliacións de peiraos mediante recheos no mar como os anunciados pola Autoridade Portuaria de Vigo.

A protesta das asociacións convocantes vén dada porque consideran a actividade de cruceiros “incompatible” coa protección da saúde e o medio ambiente. Destacan que se trata dun turismo “de altas emisións contaminantes”. Critican, para rematar, a “operación de maquillaxe verde” dos cruceiros e os portos con “falsas solucións tecnolóxicas como o gas natural licuado, o biometano ou o hidróxeno verde; que ademais de ser inviable, terían enormes impactos climáticos, sociais e ecolóxicos”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...