InicioVigo e contornaVigoUn libro para coñecer a historia "alternativa" de Vigo dende a presenza...

Un libro para coñecer a historia “alternativa” de Vigo dende a presenza nazi ao 15M

'Marxes, guía ilustrada do Vigo rebelde', recolle 40 relatos de persoeiros e anécdotas que constrúen a historia popular da urbe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, cidade mítica da movida dos anos 80 e, en xeral, da vida desenvolta nas marxes; tanto na vertente máis negra da súa historia –reflectida nos anos da droga– como neses estalidos de xenialidade que deu de si moita da escena cultural alternativa que hoxe conforma o pasado –e presente– da urbe.

O escritor Xurxo Martínez vén de publicar, da man do debuxante David Rodríguez, un libro para recoller esa “historia alternativa” da urbe olívica: o mundo popular, sindical, agrario, cultural e solidario, segundo as súas propias palabras. Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde, que vén de ser editado por Xerais, recolle un total de 40 relatos baseados en feitos ou personaxes reais da cidade pero que se deixan levar pola ficción para retratar algúns dos episodios ou persoeiros máis relevantes da urbe.

“Por estas páxinas”, apuntan os autores, “circulan xente da cultura coma Xohana Torres ou Manoel Antonio, sindicalistas como Heraclio Botana ou María Araújo, movementos socioculturais como a Asociación Cultura de Vigo ou o bar De Catro a Catro, memoria da guerra como o Bou Eva ou os tres días do inicio do alzameno fascista, intelectuais coma Ricardo Mella ou Manuel Gómez Román… a presenza nazi, a revolta irmandiña, o 15M, as folgas obreiras, a vida labrega…”.

Todo condensado nun libro que retrata o Vigo solidario, rebelde e alternativo. A obra, por riba inclúe un mapa da cidade onde se localiza cada un dos relatos para que sirva así de guía. Co cal, estas “Marxes” pódense ler no sosego da casa “ou percorrer a pé polos escenarios vibrantes da memoria popular de Vigo”.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...