InicioVigo e contornaVigoVigo descende en casos e hospitalizados tras rexistrar só 9 contaxios novos

Vigo descende en casos e hospitalizados tras rexistrar só 9 contaxios novos

Sitúase como a segunda área máis afectada de Galicia, por detrás da Coruña-Cee.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A situación epidemiolóxica de Galicia segue con tendencia descendente en canto a casos activos de Covid-19, que baixan a 1.346, mentres que os pacientes ingresados por este coronavirus redúcense a 62 –cinco menos– e os novos contaxios detectados mantéñense por baixo do centenar, con 65. Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, continúan 15 pacientes Covid en UCI –sen cambios– e 47 noutras unidades –cinco menos–.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas áreas da Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Vigo e Ferrol; mentres que se mantén na de Lugo, Ourense e Pontevedra e O Salnés. No caso de Vigo redúcense a dous os críticos –dous menos– e ascenden a sete os doutras unidades –un máis–; co cal o conxunto da conta supón o descenso dunha persoa hospitalizada..

CASOS Á BAIXA

En canto aos casos activos de Covid-19 acumulan 25 xornadas consecutivas de descenso e caen a 1.346, que implican 33 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas (98) que contaxios (65). Por iso, mantéñense en niveis de mediados de agosto do ano pasado –o día 15 dese mes había 1.337–. Vigo descende en 18 ata os 274, xa moi detrás dos 401 da Coruña, que se sitúa á cabeza da comunidade. A área olívica rexistou só 9 novos positivos nas últimas 24 horas.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...