Ferido un ciclista en Mos tras sufrir unha caída ao pasarlle moi preto un vehículo en Mos

O incidente tivo lugar sobre as 23.00 horas.

Un ciclista sufriu un accidente / ciclismo.es

Un ciclista duns 56 anos de idade foi trasladado a un centro hospitalario de Vigo tras sufrir unha caída na estrada de Puxeiros no termo municipal de Mos na noite deste xoves, supostamente ao pasarlle preto un vehículo.

Segundo informou o 112 Galicia, recibiu o aviso pouco antes das 23,00 horas deste xoves a través dun particular, que explicou que un ciclista caera na cuneta e, segundo relatou o afectado, saíuse da estrada porque un vehículo “lle pasou moi preto”.

Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias comunicóuselle a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros do Porriño.

En concreto, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias, ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital básico para atender ao home ferido, J.G.B., de 56 anos, que foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Ademais, informouse o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, que confirmou que, finalmente, a persoa foi trasladada e que o vehículo que puido provocar a caída do ciclista continuara a marcha.