InicioVigo e contornaRedondelaTres feridos nun accidente en Redondela, un deles rescatado dun vehículo

Tres feridos nun accidente en Redondela, un deles rescatado dun vehículo

Trátase dun home de 79 anos e dunha muller de 23 e outro home de 25.

PUBLICADO O

A colisión de dous vehículos rexistrada na noite deste pasado luns saldouse con tres persoas feridas, unha das cales foi rescatada do interior dun dos coches accidentados en Redondela.

Segundo informou o 112 Galicia, unha persoa foi liberada despois de quedar atrapada tras chocar dous vehículos na estrada N-552, ao seu paso polo municipio de Redondela, á altura do barrio da Formiga. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos pouco antes da medianoite deste martes a través da chamada dun particular que informou dun accidente entre dous coches.

Tras iso, por parte do 112 avisouse á Policía Local de Redondela e aos Bombeiros do Porriño. Ademais, Urxencias Médicas de Galicia-061 informou ao 112 deste sinistro no que, posiblemente, había unha persoa atrapada. Con esta información, o 112 Galicia solicitou a intervención da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Vigo, así como de Protección Civil de Redondela.

Unha vez no punto, os axentes da Policía Local confirmaron ao 112 Galicia que unha persoa estaba atrapada no interior dun dos vehículos e que, ademais, había outras dúas feridas no outro coche implicado. Finalmente, os Bombeiros de Vigo relataron que liberaron á atrapada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Ao lugar, o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico e outra de soporte vital avanzado para atender ao tres persoas. Unha delas, un home de 79 anos, J.A.L., foi trasladado ao hospital vigués Povisa, mentres que unha moza de 25 anos e un mozo de 23 recibiron asistencia no punto do accidente, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Así mesmo, para garantir as condicións de seguridade na vía, os xestores do CIAE-112 tamén informaron o Centro de Xestión de Tráfico e a persoal de mantemento da estrada.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...