InicioSociedadeOs Maristas piden "perdón" e póñense "a disposición" das vítimas de abusos...

Os Maristas piden “perdón” e póñense “a disposición” das vítimas de abusos sexuais

Un dos catro membros sinalados tería abusado tamén de menores na Coruña tras ser trasladado desde Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Provincia Marista Compostela reiterou a súa posta a disposición das vítimas de supostos abusos en Galicia, tras a información publicada polo diario ‘El País’ segundo a cal un dos catro maristas acusados de pederastia no colexio El Pilar de Vigo nos anos sesenta pasou despois polo centro da orde na Coruña, o Cristo Rey, onde, supostamente, seguiu cos abusos.

Tras a denuncia dunha exalumna, de acordo coa información publicada, remitíronse ao comunicado que enviaron tras os casos denunciados en Vigo con petición de “perdón” e posta a disposicion das vítimas.

“Condenamos o ocorrido, lamentamos profundamente esta situación e pedímoslles perdón por fallarlles e non protexelos. Abrimos unha investigación e estamos a recibir e escoitando aquelas persoas que se puxeron en contacto connosco”, reiteran.

Por outra banda, no comunicado xa remitido, lembran que os catro maristas aos que fan referencia as vítimas xa faleceron.

Tamén defenden que a protección á infancia é para eles “unha prioridade e pómonos a disposición de quen puidesen sufrir calquera situación de malos tratos ou abuso” , din.

ÚLTIMAS

Abel Caballero xa pon data ao Nadal de Vigo: 12 millóns de luces, 500 rúas iluminadas e novidades para o gran acendido do 14...

Vigo xa ten data para un dos momentos máis agardados do seu calendario festivo:...

O BNG de Vigo pide a Caballero que esixa á Xunta a suspensión dos PIA do Ofimático e Santa Cristina

O BNG de Vigo pediu ao alcalde, Abel Caballero, que esixa á Xunta de...

Caballero denuncia que a Xunta pida agora máis documentación para utilizar auga rexenerada

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou que a Xunta pida agora máis documentación...

Multas de 200 euros nas zonas de baixas emisións de Vigo? O PP esixe a Caballero que aclare se cumprirá a súa promesa

A implantación das zonas de baixas emisións en Vigo volve abrir un debate sobre...