Evacuado un traballador que sufriu queimaduras nun pozo en Vigo

O home foi alcanzado por unha onda expansiva de gas mentres soldaba uns ferros do interior da escavación.

Un profesional sanitario baixa da ambulancia / EP

Un home que sufriu diversas queimaduras tras producirse unha deflagración de gas no interior dun pozo situado en Vigo no que traballaba foi evacuado.

O incidente produciuse no lugar de Moledo, na parroquia de Sárdoma, pouco antes das 13,00 horas, cando os operadores do 112 Galicia foron informados os servizos médicos dun accidente laboral ocorrido nun pozo.

Segundo os datos recollidos polo centro de atención ás emerxencias, o traballador foi alcanzado por unha onda expansiva mentres soldaba uns ferros do interior da escavación e sufrira diversas queimaduras nos brazos.

Posteriormente, o 112 Galicia alertou do ocorrido aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Local e Nacional e a Protección Civil. Unha vez no lugar, a patrulla da Policía Nacional de Vigo confirmou que o operario precisara ser trasladado.