InicioEconomíaO proxecto MarENet, primeira plataforma de formación e emprego en 'Economía Azul'

O proxecto MarENet, primeira plataforma de formación e emprego en ‘Economía Azul’

Déronse a coñecer un total de cinco cursos, os primeiros que se pon en marcha e que responden as demandas do sector, e a oferta formativa completarase ao longo do mes de xuño.

PUBLICADO O

O proxecto MarENet, coordinado desde o Campus do Mar da Universidade de Vigo, lanzou a primeira plataforma europea de formación e emprego no ámbito da chamada ‘Economía Azul’, e cuxos cursos foron presentados este venres.

Os socios españois deste consorcio (a UVigo, o Porto olívico, o clúster do Naval, CEPESCA e o Instituto para o Crecemento Sustentable da Empresa) deron a coñecer o catálogo de formación e ferramentas dixitais ao que poden acceder as persoas interesadas en formarse ou especializarse nas distintas áreas do sector marítimo e mariño.

Así, déronse a coñecer un total de cinco cursos, os primeiros que se pon en marcha e que responden as demandas do sector, e a oferta formativa completarase ao longo do mes de xuño. Dita oferta incluirá polo menos unha ducia de cursos impulsados desde España, Irlanda e Francia, e a maioría serán ‘en liña’ e gratuítos.

Desde Galicia poranse en marcha cursos sobre deseño técnico con SolidWorks (coordinado polo profesor da Escola de Enxeñaría Industrial, José Ignacio Armesto), gobernación global dos océanos (a cargo da profesora Laura Movilla, da Facultade de Dereito), sobre loxística portuaria, operativa das lonxas e sobre normativa e regulamentación portuaria.

Por outra banda, co fin de facilitar unha canle de comunicación e interacción directa e fiable entre empresas e emprendedores dos sectores vinculados á Economía Azul, o proxecto tamén puxo en marcha a rede de contactos “Business to Business” (BtoB).

A iniciativa MarENet, cofinaciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) da Comisión Europea, ten por obxectivo fortalecer a cooperación entre as institucións académicas e as empresas do ámbito mariño-marítimo para mellorar a visibilidade das oportunidades de formación e profesionais no sector da Economía Azul.

Este proxecto recibiu o pasado mes de novembro un recoñecemento por parte da Unión Europea a través dos Premios Proxecto Atlántico, que recoñecen as mellores iniciativas aliñadas coas prioridades da Estratexia Atlántica. Neste contexto, MarENet foi recoñecido como proxecto europeo de boas prácticas polo seu papel na creación dun ‘hub’ de coñecemento marítimo-pesqueiro-portuario, integrando o ‘know-how’ e coñecemento de centros de formación e empresas da fachada atlántica, o que fortalecerá as habilidades necesarias para adaptar os seus coñecementos ás necesidades actuais do sector.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...