InicioVigo e contornaVigoA bandeira trans chegará a Vigo para reivindicar os dereitos do colectivo

A bandeira trans chegará a Vigo para reivindicar os dereitos do colectivo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este xoves 27 celébrase a acción #ExigimosLaIgualdadTrans en Vigo, onde haberá unha concentración ás 19.30h na rúa Príncipe, fronte ao Museo Marco. O acto enmárcase dunha campaña organizada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuais (FELGTB), a Fundación Triángulo e Chrysalles, Asociación de Familias de Familias de Menores Trans.

Coa acción reivindicativa #ExigimosLaIgualdadTrans unha bandeira do colectivo recorre cidades Españolas, para rematar finalmente en Madrid con un acto fronte ao Congreso. Tras a parada en Vigo, a bandeira irá a Vitoria.

Con esta iniciativa pretenden visibilizar a importancia dos dereitos das persoas transxénero e defender que estas vexan recoñecida a súa identidade sen que o teña que acreditar un xuíz ou médico.

O acto de Vigo está organizado polas asociacións Nós Mesmas e Chrysallis Galicia, e simbolizará coa bandeira a chegada á cidade da igualdade legal para esta parte do colectivo LGTBI.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...