InicioPolíticaAbel Caballero no ecuador do seu mandato: "Estivemos á altura e respondemos...

Abel Caballero no ecuador do seu mandato: “Estivemos á altura e respondemos á confianza de Vigo”

O rexedor vigués aludiu a todas as obras de 'humanización' de rúas, á reforma de Balaídos, e a outras actuacións, lembrando que "nestes momentos hai 120 millóns de investimento en marcha".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo este mércores balance no ‘ecuador’ do actual mandato municipal e concluíu que o seu goberno estivo “á altura” e soubo responder á “confianza” que lle outorgaron “101.000 vigueses”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico lembrou que, dous anos despois das eleccións nas que a súa lista obtivo “un resultado histórico” (20 de 27 concelleiros), o goberno local foi capaz de realizar importantes investimentos, desbloquear proxectos e atender ás necesidades provocadas pola pandemia de Covid.

“Nestes dous anos estivemos á altura das circunstancias e respondemos á confianza depositada por 101.000 vigueses”, proclamou Caballero quen incidiu en que, ademais das medidas adoptadas polo Concello para mitigar os efectos da crise sanitaria, o goberno local foi capaz de “manter alta a moral” dos cidadáns, cuxo comportamento foi “excepcional”.

Abel Caballero destacou que, nos últimos dous anos, o seu goberno logrou “asegurar o saída sur ferroviaria, que xa é irreversible”, avanzar no AVE directo a Madrid por Cerdedo, tramitar unha nova potabilizadora, pór “en marcha” a nova autovía en túnel ao Porriño, avanzar na licitación do novo paseo de Bouzas, desbloquear a Biblioteca do Estado, e impulsar proxectos como unha planta de baterías (a pesar do “boicot” da Xunta), unha de hidróxeno verde ou unha de ‘chips’ fotónicos.

O rexedor tamén aludiu a todas as obras de ‘humanización’ de rúas, á reforma de Balaídos, e a outras actuacións, lembrando que “nestes momentos hai 120 millóns de investimento en marcha”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...