InicioVigo e contornaSentiches o terremoto desta madrugada?

Sentiches o terremoto desta madrugada?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Foi un terremoto de magnitude 3.9 que se produciu ás  00:35 deste venres 21 de maio con epicentro en Laza, Ourense.

O tremor sentiuse en toda Galicia, e moitos usuarios preguntaron ao momento en redes sociais por si alguén sentira o mesmo. Vigo, Tui, Mondariz, ou Ponteareas, foron algúns dos puntos onde se sentiu este terremoto cunha intensidade similar ao epicentro.

Segundo indica o propio Instituto Geográfico Nacional, esta é unha zona con sismicidade de baixa a moderada. No catálogo histórico destacan algúns terremotos localizados no Oceáno Atlántico e Mar Cantábrico, como os de 1783 e 1899, sentidos con intensidade menor de VII, e terremotos próximos á costa sentidos con intensidade VII como os de 1909 en Viana do Castelo, 1910 no Ferrol e 1920 en Pontevedra.

Dende a época na que se conta con instrumental podemos sinalar o terremoto de Zamora de 1961 de M5,3 e sentido con intensidade VI e as tres series sísmicas de Sarria-Becerreá (Lugo) en 1979, 1995 e 1997 con terremotos de ata M4,6, M4,7 e M5,2 respectivamente, sendo VI a intensidade máxima en cada unha destas series.

Na rexión de Sarria-Becerreá onde se concentra a maior parte dos terremotos do catálogo sísmico nesta zona, os cales poden estar relacionados coas fallas de Vilachá-Baralla e Becerreá

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...