InicioSociedadeDous positivos detectados nun cribado no Porto de Vigo e dous máis...

Dous positivos detectados nun cribado no Porto de Vigo e dous máis nunha cadea de supermercados

Así mesmo, nos últimos días a área viguesa realizou cribados no Centro Comercial de Coia coa participación de 198 persoas e que concluíu sen positivos.

PUBLICADO O

A área Sanitaria de Vigo detectou dous positivos de Covid-19 nun cribado realizado na Lonxa de Marisco do Porto olívico e outros dous casos nunha cadea de supermercados.

No cribado celebrado o pasado martes na Lonxa de Marisco do Porto de Vigo, no que, segundo o Sergas, foron citados sobre medio milleiro de traballadores do porto pesqueiro do Berbés, os resultados das PCR realizadas –un total de 203–, arroxaron dous positivos.

Despois do estudo epidemiolóxico por mor dos contaxios detectados, a Consellería de Sanidade procedeu ao illamento dos infectados e dos seus contactos estreitos.

Por outra banda, o pasado sábado se cribó ao persoal dos centros Carrefour e de, entre os 180 traballadores testados, obtivéronse dous resultados positivos, informou a área sanitaria viguesa.

Así mesmo, nos últimos días a área viguesa realizou cribados no Centro Comercial de Coia coa participación de 198 persoas e que concluíu sen positivos.

OUTROS CRIBADOS

En canto a centros educativos, no test realizados no IES Castelao participaron 487 persoas e detectouse un caso de Covid; mentres que no Colexio Alba de 598 cribados houbo un contaxio.

Pola súa banda, a área sanitaria viguesa indicou que nos cribados realizados nos Covid-auto, das 3.700 persoas citadas de Vigo centro, acudiron 433 –que supón un 11%– e diagnosticáronse dous positivos.

Mentres, este venres, 21 de maio, varios equipos de profesionais sanitarios achegaranse aos centros comerciais de Gran Vía –en xornada de mañá– e ao de Travesía de Vigo –pola tarde– para realizar cribados con PCR aos seus traballadores, clientes e usuarios.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...