InicioSociedadeAbel Caballero, xa inmunizado: "hai que poñer máis puntos de vacinación"

Abel Caballero, xa inmunizado: “hai que poñer máis puntos de vacinación”

"Non pode ser que haxa que facer 50 quilómetros para recibir a vacina", aseverou.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este domingo a segunda dose da vacina de Moderna contra a covid-19 e aproveitou para reclamar á Xunta que articule “máis puntos de vacinación” na área sanitaria.

Mentres o rexedor atendía aos medios despois de completar o seu inmunización, unha muller abordoulle para demandar máis espazos de vacinación para a cidade. Disto se serviu Caballero para pedir á Xunta que “mellore” a campaña e habilite máis lugares para levala a cabo.

Tal e como explicou o alcalde, o Sergas emprega o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para administrar as doses “a unha área de 600.000 persoas nun radio de 50 quilómetros. “Teñen que pór máis centros de vacinación. Eu ofrezo polideportivos, teñen que usar os centros de Atención Primaria e nos municipios de cada contorna teñen que abrir un centro de vacinación. Non pode ser que a xente desde A Garda teña que facer 50 quilómetros”, recalcou.

Neste contexto, Abel Caballero insistiu en que o Concello “leva tempo” ofrecendo “todos os polideportivos de Vigo” e os seus respectivos aparcadoiros. “E despois os alcaldes doutros municipios teñen que facelo tamén”, agregou. E é que nunha xornada de vacinación masiva como a deste domingo, nos arredores do Ifevi formáronse longas colas de coches e de persoas, polo que o alcalde suxeriulle á Xunta que “espabile un pouquiño” e “mellore” a organización da campaña de vacinación.

Abel Caballero, de 74 anos, confesou sentirse “contento” tras recibir a segunda dose da vacina contra o coronavirus xunto con miles de persoas da súa franxa de idade que foron citados para acudir ao Ifevi ao longo da xornada. O alcalde relatou que a primeira dose non lle fixo “ningunha reacción”. De feito, mentres a enfermeira preparaba a inxección, confesou que quere que lle cause algún efecto. “Porque é a garantía de que te inmunizaches”, engadiu.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...