InicioSociedadeAumentan os hospitalizados mentres descenden os casos activos en Vigo

Aumentan os hospitalizados mentres descenden os casos activos en Vigo

Segue a ser a área máis afectada de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cando se cumpre unha semana desde a finalización do estado de alarma, que supuxo a caída do peche perimetral e do toque de queda para toda Galicia, os principais datos da pandemia da covid-19 manteñen unha tendencia descendente. En concreto, de acordo coas cifras publicadas este domingo pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do sábado, hai nos hospitais galegos un total de 173 persoas ingresadas con covid, que son 29 menos que as 202 de sete días atrás.

Ademais, esta baixada mantense tanto nos hospitalizados en planta, que son 138 –20 menos que a primeira xornada sen estado de alarma–; como nas unidades de coidados intensivos, xa que este domingo sitúanse en 35 –nove menos que hai unha semana–. Na mesma liña, Galicia conta agora con 2.832 casos activos da enfermidade, 65 menos que os 2.897 de sete días atrás, mentres que se detectaron 126 novos contaxios nas últimas 24 horas, fronte aos 189 do dato de hai unha semana.

COMPARATIVA CON ESTE SÁBADO

En calquera caso, se se fai unha comparativa entre este sábado e este domingo, tan só a presión hospitalaria repunta lixeiramente cunha persoa ingresada máis, mentres que os casos activos e as infeccións notificadas continúan en descenso. No que respecta aos hospitais, os 173 ingresados en Galicia repártense entre os 138 en planta, catro máis que nos datos do sábado; e os 35 na UCI, tres menos. Este ascenso reprodúcese na área de Vigo, con 50 ingresados (+2), a pesar de que baixan a 10 (-1) os pacientes críticos.

SEGUEN Á BAIXA OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos da enfermidade, descenderon por cuarto día consecutivo e, de acordo cos datos deste domingo, sitúanse en 2.832 –33 menos–. Esta baixada replicouse en practicamente todas as áreas sanitarias. En Vigo baixaron ata os 849 (-5) logo de rexistrar 34 contaxios novos. Séguese configurando, deste xeito, como a área máis afectada de Galciia en termos globais.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...