Os colexios de Vigo suman case a metade de aulas pechadas de toda a Comunidade

Acumula 188 casos activos e 15 unidades clausuradas, 3 menos que na última información do Sergas.

IES de Chapela, en imaxe de arquivo

Os casos activos en centros educativos non universitarios e escolas infantís de Galicia descenderon en cinco ata situarse en 579, mentres que as aulas pechadas reducíronse en dúas ata as 32. Segundo datos difundidos polas consellerías de Educación e Sanidade este sábado, as infeccións activas en centros educativos diminuíron nas áreas de Vigo, A Coruña e Santiago, mantivéronse sen cambios en Pontevedra e Lugo e aumentaron en Ourense e Ferrol.

En concreto, a área de Vigo mantense á cabeza con 188 casos de coronavirus activos –cinco menos– e 15 aulas pechadas –tres menos–. As escolas infantís viguesas Santa Isabel e Kid’s Garden son as máis afectadas, con nove e seis contaxiados, respectivamente, e dúas clases inoperativas en cada unha.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here