InicioPolíticaCaballero insiste, Vigo debe recibir "o triplo" de financiamento que Santiago

Caballero insiste, Vigo debe recibir “o triplo” de financiamento que Santiago

O alcalde de Vigo reclamará ao Goberno 2.5 millóns por IVE e criticou que Feijóo non levantase "a voz cando estaba Montoro" como ministro de Facenda.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que a cidade olívica debe recibir, por parte da administración galega, “o triplo” do que Santiago recibe por ser capital de Galicia, en base ao criterio de poboación.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico explicou que trasladará esta demanda por carta ao presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, á vez que matizou que non se opón a que Santiago reciba financiamento por ser a capital galega. Con todo, recalcou, se a Santiago correspóndelle certa cantidade por ser capital, “a Vigo correspóndelle tres veces máis”, “por poboación”.

Nese sentido, sinalou que ser capital de Galicia “é un privilexio” por cuestións políticas e administrativas, pero “tamén económicas”, xa que ese financiamento “págase con impostos de todos”. “A capitalidade non pode converterse nun privilexio para recibir máis que os demais”, apostilou Caballero, que avanzou que tamén trasladará a súa demanda aos grupos con representación no Parlamento de Galicia.

VIGO RECLAMARA 2.5 MILLÓNS DA LIQUIDACIÓN POR IVE

O goberno municipal de Vigo dirixirase ao Ministerio de Facenda para reclamar a parte que lle corresponde da liquidación do IVE de 2017, uns 2,5 millóns de euros, á vez que criticou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proteste” e reclame ” esa devolución ao actual Executivo, sen levantar ” a voz contra Montoro” nin o goberno do PP que aprobou ese método de liquidación.

Así o manifestou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen lembrou que a cantidade que agora vai reclamar o Concello é a que lle “quitou Montoro” e lembrou que xa no seu día denunciou que o entón goberno do PP “quitoulle aos concellos 753 millóns de euros”.

“Eu levantei a voz contra Montoro. Feijóo protesta agora e non levantou entón a voz contra Montoro nin contra Rajoy. Nunca di que ese diñeiro llo quitou a Galicia Montoro”, recalcou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...