InicioSociedadeConfirman un segundo caso de variante india sen relación cos barcos confinados

Confirman un segundo caso de variante india sen relación cos barcos confinados

O Segas realizará cribado tanto ao persoal como aos pacientes da súa planta seguindo o protocolo. Polo momento, non se atopou ningún outro positivo.

PUBLICADO O

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou a infección coa variante india do SARS-CoV-2 dun paciente que permanecía ingresado por diversas patoloxías no Hospital Vithas Fátima, en Vigo. É o décimo caso rexistrado na cidade e o segundo que non ten relación con ningún dos dous buques confinados no porto.

Segundo informaron fontes da área sanitaria, trátase dun home de 69 anos que deu positivo nunha PCR tras presentar síntomas compatibles coa covid-19. Seguidamente, a mostra foi enviada ao Servizo de Microbioloxía, que confirmou que se trataba da cepa india.

Por mor da súa detección, o Segas realizará cribado tanto ao persoal como aos pacientes da súa planta seguindo o protocolo. Tamén se contactou con catro persoas coas que o home mantivo relación nos últimos días. Polo momento, non se atopou ningún outro positivo.

Mentres tanto, a Dirección Xeral de Saúde Pública está a realizar o estudo epidemiolóxico pertinente e establecendo medidas de vixilancia e control, subliñan as mesmas fontes.

Trátase do décimo caso rexistrado na cidade olívica e o segundo, tras a muller de 66 anos chegada desde Nova Deli, que non ten relación con ningún dos dous buques confinados no porto. Iso si, ata o momento tan só nun deles –o ‘Prometheus Leader’– confirmáronse casos da cepa india: un total de oito.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...