InicioPolíticaAbel Caballero reclamará á Xunta 15 millóns de euros "acordes cos que...

Abel Caballero reclamará á Xunta 15 millóns de euros “acordes cos que recibe Santiago pola súa capitalidade”

O alcalde de Vigo afirmou que "se a Santiago lle dan tres millóns, a Vigo teranlle que dar nove" e se á primeira cidade "danlle cinco millóns", á cidade olívica "teranlle que dar 15".

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que este luns remitirá unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na que demandará ao Goberno galego 15 millóns de euros “acordes cos millóns de euros que recibe Santiago pola súa capitalidade”.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico apuntou que tamén pedirá a todos os grupos con representación na Cámara galega, PPdeG, PSdeG e BNG, que aproben unha iniciativa “dicindo que se Santiago recibe 5 millóns de euros da Xunta, Vigo ten que recibir tres veces máis, 15 millóns de euros”.

“O ser capital é un privilexio e non require de ningunha compensación. Ao revés, nós pagámoslle dos nosos impostos aos funcionarios e o que eles reciben en concepto de ingresos na cidade”, denunciou. Así as cousas, Abel Caballero afirmou que “se a Santiago lle dan tres millóns, a Vigo teranlle que dar nove” e se á primeira cidade “danlle cinco millóns”, á cidade olívica “teranlle que dar 15”.

Precisamente, esta semana o grupo socialista presentou unha proposición non de lei no Parlamento galego para instar o Goberno autonómico a que incremente o próximo exercicio a partida que lle corresponde ao Concello de Santiago para sufragar os gastos ocasionados pola súa condición de capital. A iniciativa foi apoiada polo BNG, pero non conseguiu ser aprobada ao recibir os votos en contra do PPdeG.

SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA

Noutra orde de cousas, remarcou que Vigo presenta unha incidencia acumulada de 131 novos casos por cada 100.000 habitantes e que rexistrou un descenso continuado durante o últimos nove días.

Aínda que explicou que a cidade se atopa nun nivel medio-baixo de incidencia, denunciou que o Goberno galego “non quere aplicar as medidas que corresponde de relaxación na hostalaría”. Así, afirmou que “o aforamento en terraza debería aumentarse do 50% ao 75%” e “en interiores do 30% ao 50%”, como asegurou que “están a facer no resto de Galicia”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...