InicioSociedadeRenfe recupera o luns a venda presencial de billetes na estación de...

Renfe recupera o luns a venda presencial de billetes na estación de Urzáiz

Fora suspendida debido ás obras do centro Vialia.

PUBLICADO O

Renfe informou este xoves de que, a partir do luns 10 de maio, volverá haber venda presencial de billetes na estación de Vigo-Urzáiz, tras ser suspendida debido ás obras do centro Vialia.

Segundo informou o organismo, desde que o pasado mes de marzo se centralizou a venda presencial de billetes na terminal de Guixar, reforzouse o servizo de atención ao viaxeiro mediante a asistencia de persoal para vender e informar os usuarios no control de acceso de estación de Urzáiz, ademais de cartelaría e megafonía a bordo dos trens.

Por outra banda, Renfe tamén lembrou que os viaxeiros que o desexen poderán anticipar a compra dos seus billetes a través das canles de venda habituais: na páxina web renfe.com, Renfe Ticket, no teléfono 91.232.03.20, en máquinas ‘autoventa’ ou en axencias de viaxes.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...