InicioSociedadeO proxecto Vialia-Estación de Vigo, visto como o mellor proxecto de rexeneración...

O proxecto Vialia-Estación de Vigo, visto como o mellor proxecto de rexeneración urbana para a Asociación de Promotores de Madrid

Explican que este espazo "será un referente de modernidade grazas ás súas amplas infraestruturas interiores e exteriores onde os cidadáns poderán desempeñar un estilo de vida acorde ás necesidades do século XXI axuntando lecer e mobilidade nun mesmo espazo".

PUBLICADO O

O proxecto Vialia-Estación de Vigo foi recoñecido como a mellor iniciativa de rexeneración urbana na 18ª os premios ASPRIMA-SIMA, que concede a Asociación de Promotores Inmobiliarios de España.

O xurado destes galardóns, que preside Juan Antonio Gómez Pintado, decidiu outorgar este galardón ao proxecto Vialia Estación de Vigo por “o impulso que supón para a cidade galega a chegada do tren de alta velocidade a Vigo”.

Ademais, o xurado tamén explica que este espazo “será un referente de modernidade grazas ás súas amplas infraestruturas interiores e exteriores onde os cidadáns poderán desempeñar un estilo de vida acorde ás necesidades do século XXI axuntando lecer e mobilidade nun mesmo espazo”.

O edificio, deseñado por Thom Mayne, prevé abrir as súas portas en setembro. Ademais de integrar unha estación intermodal con servizos de ferrocarril e autobús, Vialia será un novo centro comercial que xa ten o 80% da súa superficie comercializada, ademais de contar cunha praza pública de máis de 30.000 metros cadrados.

A entrega dos Premios ASPRIMA-SIMA 2021 terán lugar o próximo 27 de maio durante un acto que se celebrará no Auditorio Duques de Pastrana (Madrid).

ÚLTIMAS

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada...

Rescatan un bebe que quedou pechado nun vehículo

Os Bombeiros de Vigo tiveron que rescatar na mañá deste martes a un bebé...

A Fundación Secretariado Xitano denuncia as discriminacións contra o seu colectivo

A Fundación Secretariado Xitano (FSG) presentou ante a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández...