InicioSociedadeEn estudo cinco casos en Vigo da cepa india

En estudo cinco casos en Vigo da cepa india

Dous están ingesados no Álvaro Cunqueiro. Hai outros 3 contaxiados fóra do hospital.

PUBLICADO O

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou estudos para determinar se o tipo de covid-19 co que se contaxiaron cinco mariñeiros que chegaron o pasado martes a Vigo a bordo dun buque con bandeira de Singapura se corresponde coa variante da India.

Fontes do Sergas manifestaron que no barco viaxan 22 tripulantes –todos eles de orixe asiática e 15 deles en concreto da India–. A maioría dos contaxiados atópanse leves ou asintómaticos, fóra de dous mariñeiros que están ingresados no Hospital Vithas de Vigo.

O Sergas comunicou que o servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro “está secuenciando as mostras” deste cinco persoas para “determinar o tipo de variante do virus”. Trátase dun proceso “longo e complexo”, polo que os resultados tardarán varios días.

Os profesionais da área Sanitaria de Vigo decidiron secuenciar as mostras destas persoas porque “algúns” dos tripulantes do buque proceden da India, entre eles os cinco positivos, así como polo perfil clínico que presentan.

Os dous mariñeiros con covid-19 que se atopan ingresados no Hospital Vithas son un home de 67 anos e outro de 28. O primeiro acudiu o pasado martes ao servizo de urxencias do hospital “con sospeitas de enfermidade respiratoria”. Tras realizarlle a proba de antíxenos e unha PCR, os médicos “aconsellaron o seu ingreso en planta para a súa recuperación”. Pola súa banda, o mozo ingresou en planta “debido a complicacións derivadas” da covid-19.

O barco no que chegaron a Vigo, de nome ‘Prometheus Leader’, é un barco de mercadorías con bandeira de Singapura. Chegou á cidade olívica procedente de Reino Unido, concretamente do porto de Southampton. Na tarde do martes atracou no peirao de Bouzas, aínda que este mércores trasladouse ao Peirao de Transatlánticos, onde a previsión é que permaneza amarrado ata o 10 de maio.

Dous dos mariñeiros contaxiados por covid atópanse ingresados no Hospital Vithas de Vigo. Tal e como puido saber Europa Press, trátase dun home de 67 anos e outro de 28, ambos de orixe estranxeira.

O sexagenario acudiu o pasado martes ao servizo de urxencias do hospital “con sospeitas de enfermidade respiratoria”. Tras realizarlle a proba de antígenos e unha PCR, os médicos “aconsellaron o seu ingreso en planta para a súa recuperación”. Pola súa banda, o mozo ingresou en planta “debido a complicacións derivadas” do covid.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...