InicioSociedadeO Sergas anuncia un cribado masivo entre a mocidade en Vigo para...

O Sergas anuncia un cribado masivo entre a mocidade en Vigo para reducir a incidencia da Covid

Son alumnos e persoal da Universidade de Vigo (9.600 persoas) e dalgúns centros educativos (3.168).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área Sanitaria de Vigo convocou esta semana a 17.768 persoas a cribados esta semana, das que 9.600 son alumnos e persoal da Universidade de Vigo (UVigo) e outras 3.168 de centros educativos.

Segundo informou esta área sanitaria, foron convocadas 17.768 persoas para realizarse unha proba PCR, delas 5.000 da cidade de Vigo, citadas nos Covid auto dos hospitais. O resto, concretan as mesmas fontes sanitarias, serán alumnos e persoal da Universidade de Vigo (9.600 persoas) e dalgúns centros educativos (3.168).

No campus universitario, o cribado realizarase mediante unha autotoma —mostra de saliva— que terán que entregar no Pavillón de deportes de Marcosende, onde serán recollidas desde este mércores e ata o vindeiro venres 30, polos equipos do Sergas.

Ademais, este martes desprazouse un equipo de profesionais sanitarios ao IES Ricardo Mella; o xoves achegaranse ao IES Valentín Paz Andrade, e o venres tocaralle a quenda ao IES de Teis para realizar a toma de mostras nasofaríngeas.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...