InicioPolíticaAbel Caballero: "Vigo non necesita un tren a Bouzas, necesita o túnel...

Abel Caballero: “Vigo non necesita un tren a Bouzas, necesita o túnel de Beiramar”

O alcalde de Vigo proporá a Xunta, Goberno e UE contruir o túnel en Beiramar e volve rexeitar o tren a Bouzas.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que trasladará unha proposta formal a Xunta, Goberno de España e UE para a construción dun túnel en Beiramar, á vez que volveu a expresar o seu rexeitamento á conexión por tren da terminal portuaria de Bouzas.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico volveu criticar a intención do Porto de establecer unha conexión ferroviaria con esa zona, e reiterou que dita liña “rompería” a cidade. O alcalde tamén repetiu que “Citroën (agora grupo Stellantis) non a quere” e que a única finalidade de poñela en marcha sería para “importar coches” e facerlle a “competencia” á factoría viguesa.

“Vigo non necesita un tren a Bouzas, é un inmenso erro de Feijóo contra a cidade”, proclamou o rexedor, que recalcou que “a obra que necesita a cidade” é o túnel de Beiramar, unha infraestrutura que permitiría soterrar o tráfico, construír un aparcadoiro e peonalizar a superficie do viario. “Isto téñeno que pagar a Xunta e o Goberno de España”, sentenciou, e confirmou que remitirá a proposta formal a ambas as administracións, así como á UE.

Segundo afirmou Caballero, o proxecto do túnel por Beiramar xa foi aceptado no seu día polo goberno da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño pero, á súa chegada, Feijóo “borrouno” porque “dicía que Vigo non podía ter un paseo tan bo”. “Pero o túnel equivalente, que é o do Parrote na Coruña, fíxoo”, resolveu.

FONDOS COVID

Doutra banda, Abel Caballero reclamou este luns para os concellos o 15 % dos fondos que a Xunta recibe do Goberno central para afrontar os gastos derivados da pandemia de Covid-19, un diñeiro que tería que ser repartido, ao seu xuízo, en función da poboación de cada municipio. Así o sinalou o rexedor na rolda de prensa, na que insistiu en que o goberno galego recibiu do Executivo central “800 millóns de euros” e “está a facer caixa” porque non os reparte cos municipios. “A Vigo non chegou nin un céntimo”, engadiu. Nese sentido, Abel Caballero estimou que a Xunta “debe a Vigo 15 millóns de euros” e incidiu en que os concellos deben ter eses recursos para “axudar aos hostaleiros, comerciantes, facer a desinfección de colexios, parques infantís, etc.”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...