InicioSociedadeA Axencia Española do Medicamento investiga o caso dunha muller ingresada ...

A Axencia Española do Medicamento investiga o caso dunha muller ingresada en Vigo tras ser vacinada con AstraZeneca

Trátase dunha muller de 63 anos ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir un trombo.

PUBLICADO O

Farmacovixilancia da Axencia Española do Medicamento investiga o caso dunha muller de 63 anos de idade ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras sufrir un trombo despois de ser vacinada fronte á Covid-19 co preparado de AstraZeneca.

Así o confirmaron fontes da área Sanitaria de Vigo, que sinalaron que a muller permanece hospitalizada no Álvaro Cunqueiro e “evoluciona ben”.

Segundo esas fontes, a muller, que estaba sa, ingresou o pasado mércores tras sufrir unha baixada repentina de plaquetas despois de recibir a vacina de AstraZeneca.

Desde o seu ingreso o mércores, tras o que apuntaron inicialmente a un hematoma suprarrenal, posteriormente este luns confirmáronlle á paciente que sufrira un trombo.

Agora o seu caso permanece en estudo por parte de Farmacovixilancia da Axencia Española do Medicamento, confirmaron por parte da área sanitaria viguesa.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...