InicioEconomíaDesconvocada a folga no mantemento de zonas verdes de Vigo

Desconvocada a folga no mantemento de zonas verdes de Vigo

A empresa aceptou manter os horarios do persoal e aboar algúns pagos pendentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG confirmou este venres a desconvocatoria da folga indefinida no servizo de mantemento de zonas verdes de Vigo, que se ía a iniciar o vindeiro luns, despois de que a empresa aceptase manter os horarios do persoal e aboar algúns pagos pendentes.

Segundo trasladou o sindicato, a UTE que presta o servizo convocou ao comité de empresa nas últimas horas para chegar a un acordo que evitase o paro e aceptou manter os actuais horarios do persoal, tras o seu intento de modificalos alegando motivos de seguridade sanitaria pola COVID. O comité lembrou que xa existen uns protocolos pactados coa anterior concesionaria para garantir a seguridade nesa materia.

Ademais desa medida, tamén aboará con carácter retroactivo (desde febreiro) o plus tóxico de 20 euros mensuais na nómina deste mes e aceptou pagar o plus de conservación (107 euros) mesmo en traballadores en situación de Incapacidade Temporal.

Segundo a CIG tamén quedou emendada “a mala xestión co abono da paga de marzo“, xa que a empresa pagou o que debía, aínda que “sen cumprir o convenio” no relativo á liquidación cando hai un proceso de subrogación (como así ocorreu hai uns meses cando esta UTE asumiu o servizo, antes en mans de Althenia).

O comité convocou unha asemblea de traballadores este venres e, tras informar as formulacións da empresa, o persoal acordou por unanimidade desconvocar a folga.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...