InicioEconomíaA Xunta anuncia que a ampliación do Ifevi arricará a finais de...

A Xunta anuncia que a ampliación do Ifevi arricará a finais de mes

O investimento previsto é de 6,7 millóns de euros.

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia confirmou o inicio das obras de ampliación do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para finais deste mes de abril, despois de asinar este xoves o contrato dos traballos. A ampliación do recinto feiral permitirá gañar 5.000 metros cadrados e o investimento previsto é de 6,7 millóns de euros. As obras foron adxudicadas á UTE Obrascón Huarte Lain-Construcións Taboada e Ramos, e teñen un prazo de execución de seis meses.

O goberno galego trasladou que esta obra pon de manifesto o seu “compromiso” coa cidade olívica e coa competitividade do Ifevi, xa que a ampliación, explican, permitirá consolidar a celebración de eventos de referencia, como as feiras Conxemar ou Navalia. Este proxecto foi tramitado ao amparo da lei 3/2016 de medidas excepcionais, para sortear as consecuencias que tivo na planificación urbanística a anulación da PXOM de Vigo a finais de 2015.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...