InicioSociedadeAbel Caballero confirma recibirá a vacina contra a covid este domingo

Abel Caballero confirma recibirá a vacina contra a covid este domingo

"Todo o mundo se ten que vacinar", subliñou.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este xoves que recibirá a primeira dose da vacina contra o coronavirus este domingo, tras ser citado polo Sergas, e animou á poboación a vacinarse.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico trasladou, “como anécdota”, que xa recibiu a súa citación para ser inoculado coa vacina contra o COVID. Así, Abel Caballero, de 74 anos de idade, será vacinado o vindeiro domingo ás 9,20 horas no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e engadiu: “como o resto de cidadáns da miña franxa de idade”.

Respecto diso, sinalou que descoñece cal das vacinas lle será administrada. “Poranme a que a autoridade sanitaria decida”, afirmou, á vez que animou á poboación a inmunizarse cando sexa citada porque “todo o mundo se ten que vacinar”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...