InicioPolíticaO BNG rexistra iniciativas no Congreso para que o Goberno central garanta...

O BNG rexistra iniciativas no Congreso para que o Goberno central garanta a continuidade da antiga Vulcano

Unha sentenza do Tribunal de Conflitos de Xurisdición avala a extinción da concesión dos terreos do estaleiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) Néstor Rego presentou no Congreso unha batería de iniciativas para reclamar que o Goberno estatal “adopte as medidas necesarias para garantir a continuidade da actividade de construción e reparación naval” nas antiga Factorías Vulcano (agora Astilleros San Enrique).

Estas iniciativas xorden por mor da sentenza do Tribunal de Conflitos de Xurisdición que avala a extinción da concesión dos terreos do estaleiro. A partir desta resolución, o Porto de Vigo confirmou que redactará un novo prego para sacar a concurso a concesión do estaleiro, e sinalou que “non se descarta nada” para ese espazo.

Segundo o BNG, tras a compra do estaleiro por parte de Marina Meridional, “comezou a ofensiva adminsitrativa e legal por parte do por aquel entón presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga”. Con iso, denunciou, o obxectivo era “terminar coa actividade de construción e reparación naval” e destinar esta contorna “a outros usos, singulamente, a loxística de colectores”.

Neste marco, o Bloque insistiu en que a posibilidade de destinar ese espazo a outros usos “suporía un duro golpe para a industria naval viguesa e empresas auxiliares”. Por iso, reclamou ao Goberno que adopte “todas as medidas necesarias para que se garanta” a actividade de construción e reparación naval na concesión portuaria do estaleiro.

Desta forma, a formación nacionalista incidiu en que é preciso manter a actual concesión como mínimo ata 2027“. Ademais, rexistrou preguntas para coñecer cales son as medidas que ten previsto adoptar o Goberno respecto desta situación; así como para saber que prioridades de uso terán as instalacións no suposto dunha nova concesión.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...