InicioSociedadeAbel Caballero ergue Peinador como o "principal aeroporto de Galicia"

Abel Caballero ergue Peinador como o “principal aeroporto de Galicia”

Así o reflicten, segundo o alcalde, os datos de marzo sen a "distorsión" de axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, constatou este martes que os datos de tráfico aéreo do mes de marzo reflicten que, sen a “distorsión” das axudas da Xunta, Peinador é o “principal aeroporto de Galicia”. Así o expresou nunha rolda de prensa, na que lembrou que, segundo AENA, o aeródromo vigués foi o primeiro de Galicia en número de pasaxeiros durante o mes de marzo, con algo máis de 24.000 viaxeiros, e por diante das terminais de Santiago e A Coruña.

O rexedor olívico sinalou que, se as compañías non reciben axudas, como ocorreu no mes de marzo, ponse de manifesto onde funcionan os voos coa demanda do mercado. “Cando se funciona así, Vigo é o principal aeroporto de Galicia. O que distorsiona son as inxentes axudas da Xunta ao aeroporto de Santiago. E iso págase con impostos de Vigo (…), isto é a Xunta atacando a Vigo”, denunciou.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...