InicioPolíticaMáis dun millón e medio de euros para a reforma do último...

Máis dun millón e medio de euros para a reforma do último tramo de García Barbón, “atrasada pola Xunta”

O alcalde de Vigo insistiu en denunciar que a obra sufriu un atraso de 2 anos pola "paralización da Xunta", aínda que o goberno galego sostén que o Concello de Vigo ten luz verde para realizala desde 2018, condicionada a non actuar no monumento a García Barbón.

PUBLICADO O

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo deu luz verde este mércores á adxudicación da obra de ‘humanización’ do último tramo de García Barbón, o que discorre entre Rosalía de Castro e a rotonda de Isaac Peral, despois dun “atraso de dous anos” do que o alcalde, Abel Caballero, culpou á Xunta de Galicia.

Nunha rolda de prensa, o rexedor informou da adxudicación desta obra, por un importe de 1,7 millóns de euros, e terá un prazo de execución de 8 meses, aínda que non se actuará sobre o conxunto escultórico situado na rotonda, tras os reparos feitos polo departamento de Patrimonio da Xunta. “Xa a podiamos ter acabada, pero a Xunta parouna co argumento da rotonda”, denunciou Caballero.

Segundo lembrou, o goberno autonómico vetou a actuación nesa rotonda ao impedir o traslado da escultura de García Barbón, un monumento que nin sequera se realizou para ese emprazamento, senón para a confluencia de García Barbón con Alfonso XIII, recalcou.

En todo caso, o alcalde precisou que a reforma non actuará sobre a escultura, e suporá a renovación de pavimento, beirarrúas, iluminación e outros elementos, para unha “humanización de altísimo nivel”.

Caballero insistiu en denunciar que a obra sufriu un atraso de 2 anos pola “paralización da Xunta”, aínda que o goberno galego sostén que o Concello de Vigo ten luz verde para realizala desde 2018, condicionada a non actuar no monumento a García Barbón.

En outubro de 2018 Patrimonio autorizou a obra excepto no ámbito da rotonda e reclamou que se fixese un proxecto de sondaxes arqueolóxicas. Unha vez realizada esa intervención, o Concello recibiu resolución favorable da Xunta, en outubro de 2019, na que se advertía de que debía seguir o control arqueolóxico.

Con todo, o Concello non aprobou o proxecto da ‘humanización’ ata setembro de 2020, momento no que se empezou a tramitar o proceso de adxudicación, que culminou este xoves, ao encargarlle os traballos á empresa PRACE, Servizos e Obras.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...