InicioEconomíaAsime pide ter "en conta" a construción e reparación naval na nova...

Asime pide ter “en conta” a construción e reparación naval na nova concesión de Vulcano

"É importante que recuperemos esa capacidade naval en Galicia, que se viu fortemente mermada nos últimos anos", sinalou Asime, que lembrou que o expediente de extinción da concesión de Vulcano foi iniciado polo anterior presidente do Porto, Enrique López Veiga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia, Asime, trasladou este mércores o seu apoio á construción e reparación naval nas instalacións das antiga Factorías Vulcano (agora Estaleiros San Enrique), tras coñecerse que o Tribunal de Conflitos de Xurisdición avala a extinción da concesión deses terreos.

A través dun comunicado, a patronal do Metal sinalou que “é fundamental a reordenación de espazos portuarios” e que a industria de construción e reparación de buques “debe estar pegada ao mar”. Así mesmo, lembrou que este sector se enfronta a “retos moi importantes ligados á transición enerxética e a competitividade” e que, niso, “vai xogar un papel esencial a capacidade produtiva” tanto no ámbito naval como no eólico mariño ou en innovación.

“É importante que recuperemos esa capacidade naval en Galicia, que se viu fortemente mermada nos últimos anos”, sinalou Asime, que lembrou que o expediente de extinción da concesión de Vulcano foi iniciado polo anterior presidente do Porto, Enrique López Veiga.

Respecto diso, engadiu que a actual situación, cuns novos donos do estaleiro enfrontados á incerteza dunha concesión extinguida, son “resultado” das actuacións de López Veiga e da súa “falta de compromiso coa industria da construción e reparación naval”.“Se a actuación do expresidente fose a de apoiar a construción e reparación naval, a situación de hoxe sería radicalmente distinta e non habería ningún problema coa concesión”, apuntou Asime.

Agora, tras a sentenza do Tribunal de Conflitos Xurisdicionais, a organización empresarial pediu “cautela” e incidiu en que “serán claves as decisións estratéxicas do Consello de Administración do Porto”, ao que pediron que “teña en conta” esa actividade naval , acompañada dos investimentos necesarios, cando se realice unha nova concesión.

ÚLTIMAS

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...