InicioSociedadeA construción das 1.600 vivendas sociais de Navia podería arrincar en xullo

A construción das 1.600 vivendas sociais de Navia podería arrincar en xullo

A Xunta estima que poderían estar rematadas en 3 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta iniciou o proceso de expropiación de máis de 200 parcelas para a ampliación do polígono de San Paio de Navia e nos próximos días presentará no Concello de Vigo o proxecto de urbanización desta actuación, co que espera poder comezar as obras no próximo mes de xullo.

Así o comunicaron este martes a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, nun acto en Vigo que coincidiu coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución sobre a expropiación. Segundo indicou a conselleira, o proceso de expropiación supón dar “un paso máis” no obxectivo de construír 1.600 vivendas en Navia, un proceso “longo que se foi dilatando no tempo despois de ter dous anos de tirapuxa co Concello”.

O ano pasado, o Pleno do Concello de Vigo aprobou definitivamente a modificación do Plan Parcial de Navia. Neste contexto, a conselleira destacou que, “á vez, a Xunta non perdeu o tempo”, e a publicación deste martes é “resultado desa aposta por Vigo, sendo a cidade que máis demanda ten de vivenda”. Neste marco, avanzou que o proxecto de urbanización desta área “xa está redactado”, faltando unicamente a conexión dun dos servizos, polo que prevé presentalo no Concello olívico “en aproximadamente 15 días”.

“Esperamos que o Concello lle dea prioridade á aprobación desta urbanización e que sexa unha realidade máis pronto que tarde”, subliñou, antes de pór en valor que a Xunta habilita para estas expropiacións 14,5 millóns de euros e con esta urbanización prevé mobilizar en total uns 250 millóns de euros.

202 PARCELAS

Tras a resolución publicada este martes, haberá 30 días de exposición pública, para que os afectados formulen as alegacións pertinentes. A superficie total do ámbito supera os 265.000 metros cadrados, aínda que esta expropiación céntrase na parte do chan que falta por adquirir, en concreto, 202 parcelas e máis de 118.000 metros cadrados, cuxa adquisición se articulará en tres fases.

Desta forma, 42.000 metros cadrados corresponden ao primeiro polígono, cuxo chan esperan ter adquirido e ocupar no mes de xullo; 36.000 ao segundo polígono, do que disporán entre os meses de setembro e outubro; e 40.000 ao terceiro polígono, que esperan ter a finais deste ano ou principios do seguinte.

As obras tamén se executarán en tres fases, que “irán seguidas unhas das outras, empezando pola primeira habilitada no mes de xullo”. Así, Vázquez explicou que unha vez que dispoñan dos terreos, farán “a ocupación” e, se contan coa aprobación do Concello do proxecto de urbanización, estarán “en condicións de poder comezar”.

Con todo iso, indicou que manteñen o cronograma previsto de execución das obras, de forma que as 1.600 vivendas deste proxecto poderán estar construídas en tres anos. “Esperamos cumprilo; estamos en momento crucial, de adquisición resto de terreos, e a partir de aí 2021, 2022, 2023 van ser cruciais”, selou.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...