InicioSociedadeVigo volve ser a cidade galega con maior incidencia a 7 días

Vigo volve ser a cidade galega con maior incidencia a 7 días

A provincia de Pontevedra, con todo, conta cun 40% de concellos sen novos casos na última semana.

PUBLICADO O

A situación epidemiolóxica de Galicia con respecto á pandemia da covid-19 continúa nunha situación similar ao comezo da Semana Santa, cando menos de acordo cos datos da Consellería de Sanidade. E é que, do total de 313 de concellos que compoñen a Comunidade galega, 187 leva unha semana sen computar novos positivos por coronavirus.

Nesta panorámica, con todo, debe ser tida en conta a baixada de probas diagnósticas do Sergas; unha problemática que podería provocar unha distorsión da auténtica marcha da pandemia, mostrando uns datos máis positivos pero que, en en realidade, non se corresponderían coa evolución do virus en Galicia.

En calquera caso, os datos oficiais indican que 59,7% dos municipios acumulan sete días libres de covid-19, de acordo cos datos feitos públicos este sábado pola Consellería de Sanidade. No entanto, esta porcentaxe de concellos sen casos é lixeiramente inferior ao do sábado da semana pasada, cando eran un total de 190, o 60,7% –un punto máis–.

VIGO E PONTEVEDRA

De feito, os concellos libres de covid decreceron nas provincias de Lugo e Ourense, mentres que na Coruña e Pontevedra subiron lixeiramente. Pontevedra rexistra así un 42,6% de localidades libres de covid –26 dun total de 61–, aínda que hai unha semana esta porcentaxe era lixeiramente inferior, o 41% –25 concellos sen casos no últimos sete días–.

Vigo, con todo, mantense como a cidade galega coa incidencia máis alta; ao ter rexistrado 165 positivos na última semana fronte os 147 da Coruña, os 26 de Santiago ou Lugo e os 28 de Pontevedra. O Sergas informou de 23 novos casos en Ourense, mentres que Ferrol –a única á baixa– rexistrou 16 casos nos últimos 7 días.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...