Un operario de Vigo resulta ferido tras caer desde máis de tres metros de altura

Outro traballador do Grove sufriu tamén un accidente laboral pouco antes.

Emerxencias 112 Galicia | ALX

Un traballador de Vigo resultou ferido este mércores tras caer desde máis de tres metros de altura nun accidentes rexistrado nunha nave industrial en Valadares. O 112 Galicia recibiu a alerta tamén por parte do 061, e solicitou a intervención da Policía Nacional e a Policía Local.

Ademais, pouco despois, sobre as 13,00 horas, un operario dunha fábrica de conservas, situada desta vez en Virxe das Mareas no Grove, resultou ferido de consideración despois de caer desde unha altura de catro metros. O 112 Galicia recibiu o aviso a través do 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador. Ademais púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e Protección Civil.