InicioSucesosAsí foi a caza do home acusado de vender droga na zona...

Así foi a caza do home acusado de vender droga na zona de Pizarro

Axentes de Policía Nacional interceptárono con varias doses cocaína e haxix.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 37 anos de idade, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, que actuaba na zona de Pizarro.

Segundo informaron fontes policiais, a investigación iniciouse por mor de denuncias cidadás e por outras intervencións policiais anteriores, das que se tivo coñecemento da posible existencia dun ‘punto negro’ de venda de drogas na zona de Pizarro.

A Policía estableceu un dispositivo de vixilancia, e comprobou como o suposto vendedor se citaba cos seus ‘clientes’ en diferentes puntos, adoptando medidas de precaución para eludir a acción policial.

Froito destas investigacións, os axentes localizaron ao presunto traficante á primeira hora da tarde deste domingo, cando chegaba camiñando á Praza de Isabel a Católica. Alí, dous mozos achegáronselle e, tras unha breve conversación, realizaron un intercambio antes de abandonar o lugar.

Os funcionarios interceptaron ao sospeitoso, que foi identificado e ao que cachearon, atopando entre as súas roupas cocaína e haxix, diñeiro en efectivo, unha báscula de precisión e outros útiles para a venda de drogas. O home foi detido e trasladado a Comisaría, onde se lle tomou declaración, antes de pasar a disposición do xulgado de instrución 4 de Vigo.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...