InicioSociedadePeinador xa está listo para facer test de Covid no seu interior

Peinador xa está listo para facer test de Covid no seu interior

Aena acorda coa Xunta a cesión de espazos para a realización de test de antíxenos de covid-19 nos aeroportos de Santiago e Vigo.

PUBLICADO O

Aena aprobará na mañá deste luns, no seu comité de dirección, unha adenda ao convenio autorizado a semana pasada coa Xunta que permitirá a cesión de espazos para a realización de test de antíxenos de covid-19 nos aeroportos de Santiago e Vigo, como xa se fai no da Coruña. Unha vez asinada, a Administración galega poderá empezar de forma inmediata o proceso.

Segundo informaron fontes de Aena, a solicitude da Xunta para que o Sergas realice estes controis en Peinador e o Rosalía de Castro foi remitida ao xestor aeroportuario o pasado xoves, 25 de marzo, a media tarde, cando xa se aprobou o convenio relativo a Alvedro. Para darlle axilidade, incluíuse a adenda na seguinte reunión do comité de dirección, este luns.

Tal e como explicou Aena, no caso do aeroporto da Coruña –onde se realizan tests desde o pasado venres— o xestor aeroportuario remitiu á Xunta o borrador de convenio “a comezos de mes”, un documento similar ao que se utiliza noutras comunidades, como Baleares ou Canarias.

Con todo, prosegue Aena, “as autoridades galegas non responderon ata o martes 23 de marzo pola tarde, incluíndo diversas esixencias que superaban as competencias de Aena”. Finalmente, o mércores 24, a Xunta aceptou o texto inicialmente remitido por Aena e o xestor aeroportuario “completou a súa tramitación en horas”.

A solicitude para os aeroportos de Santiago e Vigo recibiuse o xoves 25 pola tarde, explica Aena, “coa tramitación do convenio inicial xa pechada”. Por iso, o mesmo venres procedeuse a identificar os espazos máis adecuados en cada un dos aeroportos e traballouse no texto dunha adenda ao convenio asinado o día anterior, que se aprobará este mesmo luns o en comité de dirección, un órgano que se reúne dúas veces por semana.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...