InicioSociedadeDúas mulleres mortas en Vigo elevan a 2.334 as vítimas da covid-19...

Dúas mulleres mortas en Vigo elevan a 2.334 as vítimas da covid-19 en Galicia

Tiñan 90 e 88 anos.

PUBLICADO O

A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste domingo os falecementos de dúas persoas en Vigo que estaban diagnosticadas de covid-19. Con estas, as vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascenden a 2.334.

En concreto, morreron con coronavirus dúas mulleres de 90 e 88 anos, respectivamente, que permanecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Contaban con patoloxías previas.

A notificación destas dúas novas vítimas este domingo prodúcese despois de que, na xornada do sábado, Sanidade non notificase ningún novo falecemento vinculado coa covid. Isto non ocorría desde o pasado 27 de setembro, había seis meses.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...