InicioSociedadeNova protesta contra a peaxe Vigo-Redondela

Nova protesta contra a peaxe Vigo-Redondela

Piden tamén a humanización do tramo que comeza nas Torres de Padín e a mellora dos pasos elevados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Veciñal de Teis Chapela e Trasmañó convocou este sábado unha manifestación para esixir a supresión da peaxe da AP-9 no tramo Redondela-Vigo, e a súa conversión en tramo urbano. A mobilización comezou na rotonda de Padín e transcorreu ata a Avenida de Buenos Aires.

Á protesta acudiu, entre outros rostros coñecidos, o deputado nacionalista no Congreso Néstor Rego, que reclamou a aplicación do acordo de investidura entre o BNG e o PSOE nesta materia.

“Unha das reivindicacións históricas dos veciños de Vigo e Redondela é a eliminación de peaxes do tramo entre estes dous concellos. Non pode ser que, a día de hoxe, se siga pagando por un percorrido de 10 minutos que conecta dous municipios limítrofes“, dixo Rego.

Así mesmo, o deputado reclamou a humanización do tramo que comeza nas Torres de Padín e a mellora dos pasos elevados. “Hai que eliminar o tráfico pesado en Teis e Chapela e mesmo instalar pantallas contra o ruído”, explicou.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...