InicioSociedadeRexeitada a paralización cautelar das obras de Porta do Sol en Vigo...

Rexeitada a paralización cautelar das obras de Porta do Sol en Vigo por non haber risco de colapso

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou esta decisión xudicial nunha rolda de prensa na que subliñou que a única precisión que fai o xuíz é a necesidade de confeccionar un mapa de tipoloxía e características das cimentacións das edificacións existentes no trazado.

PUBLICADO O

O xulgado do Contencioso Administrativo 1 de Vigo desestimou a petición trasladada por unha asociación, un negocio e unha comunidade de propietarios de paralizar preventivamente as obras de humanización de Porta do Sol, onde se prevé construír un túnel, ao considerar que se tomaron as precaucións necesarias e non hai risco de colapso das edificacións.

Segundo a sentenza, da documentación achegada e da declaración dun dos autores do proxecto dedúcese “que non é necesaria a paralización da obra”. Así, sinala o xulgado, o sistema de execución dos traballos apenas provoca vibracións e “elimina o perigo de descompensación do terreo”.

Nesa mesma liña, engade que as obras viñeron precedidas “por dous estudos xeotécnicos e unha análise exhaustiva do terreo mediante catas de todo tipo e medicións de todos os sotos, queno só descartan o risco de colapso sobre edificios lindeiros, senón que aseguran unha mellora da súa cimentación”.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou esta decisión xudicial nunha rolda de prensa na que subliñou que a única precisión que fai o xuíz é a necesidade de confeccionar un mapa de tipoloxía e características das cimentacións das edificacións existentes no trazado, na parte que se acha na vía pública, unha condición que o Concello xa cumpriu, e remitiu o documento ao xulgado.

Ademais, tal e como recolle a resolución xudicial, e como salientou o rexedor, paralizar a obra de Porta do Sol suporía unha afectación negativa para o interese público, que está por encima do interese particular dos recorrentes.

Caballero referiuse a as persoas que solicitaron a paralización das obras afirmando que “se cren que son os donos da cidade e que os demais se teñen que supeditar a eles”. “Iso en Vigo acabouse para sempre. Desde que eu son alcalde, acabouse o ceder a presións dos que se cren señoritos e donos dela cidade. Os donos son os 300.000 vigueses, non tres ou catro, que cren que nos van a asustar cun recurso”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...