InicioCulturaA RAG celebrará as Letras Galegas de Xela Arias en Vigo

A RAG celebrará as Letras Galegas de Xela Arias en Vigo

Aínda que a autora naceu en Sarria (Lugo), a institución optou pola cidade olívica por ser o lugar na que a poeta, tradutora e editora viviu desde os sete anos ata o seu falecemento.

PUBLICADO O

A Real Academia Galega (RAG) celebrará o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias (1962-2003) en Vigo. Aínda que a autora naceu en Sarria (Lugo), a institución optou pola cidade olívica por ser o lugar na que a poeta, tradutora e editora viviu desde os sete anos ata o seu falecemento.

Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas serán os académicos encargados de analizar a figura de Arias na sesión plenaria que terá lugar o 17 de maio.

Con motivo desta celebración, a Academia estreará unha serie documental e un espazo de micropezas audiovisuais sobre a autora. Os contidos poderán verse en academia.gal e na canle de Youtube da RAG. Tamén está previsto que sexan emitidos pola TVG.

A RAG difundirá cada martes, a partir do 6 de abril, cada un do seis episodios breves que compoñen a serie documental que produce con Miramemira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e a súa obra. A isto sumaranse micropezas audiovisuais, ademais da programación en liña que se iniciou o pasado mes de xaneiro.

Tras a publicación do texto ‘Muller e literatura’, artigo de Arias do Encontro de escritores galegos e portugueses de 1991, a programación de perfil máis académico chegará no outono cun simposio sobre a poeta.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para tres do catro detidos o martes por roubos en oficinas bancarias

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 1 de Vigo decretou prisión provisional, comunicada...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...